AVISO DE USO E PRIVACIDADE DA APLICACIÓN AGUACONTIGO

O Grupo AGBAR outorga unha grande importancia á protección dos teus datos persoais. Por iso, a continuación queremos facilitarche información sobre o tratamento dos teus datos, así como sobre o uso da aplicación AGUACONTIGO (en diante, a «aplicación»).
A titular da aplicación é a empresa SYNECTIC, TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN, S.A.U., provista do CIF A61821526 (en diante, «SYNECTIC»), quen outorgou unha licenza de uso desta á túa empresa subministradora de auga.
A aplicación unicamente che proporciona un servizo de redireccionamento cara á Oficina Virtual da empresa subministradora de auga coa que mantés un contrato vixente, para o que se require a introdución do código postal.
Unha vez introducido o código postal na aplicación, redirixiraste automaticamente cara á Oficina Virtual que se indica no parágrafo anterior. Alí atoparás toda a información relativa á protección dos datos que se tratan para poderche ofrecer o servizo incluído na Oficina Virtual, alén das condicións de uso desta que che serán aplicables.
SYNECTIC non se fai responsable da fiabilidade e a rapidez das ligazóns que se inclúan na aplicación. SYNECTIC non garante a utilidade destas ligazóns cuxo destino é a información de terceiros nin se responsabiliza dos contidos ou os servizos de terceiros aos que poida acceder o usuario mediante estas ligazóns, de xeito que non garante a dispoñibilidade técnica, a calidade, a fiabilidade, a exactitude, a amplitude, a veracidade nin a validez do material ou a información que conteñen. En concreto, SYNECTIC non asume ningún tipo de responsabilidade en relación cos contidos ou os servizos dispoñibles na Oficina Virtual da empresa subministradora de auga do usuario.